Martín Chenlo, Brais Seco, Pablo Miguéns e Anxo Devesa entrevistan a Dolores Castro Santos, que se adicou a costura. Unha muller feita a si mesma que defende que as mulleres poidan ser o que lles apeteza.
Os estudantes Miguel Romero, Sara García e Lara García entrevistaron a Eudosia Casal Senín para achegarnos máis sobre a súa experiencia emprendendo o seu negocio de hostelería como muller na súa época.
Samuel Rial Maneiro de 1º de Bacharelato preséntanos brevemente a exposición sobre as mulleres na ciencia que organizou o Departamento de Física e Química do IES de Valga en colaboración coa USC. Descubrimos quen é Andrea Ghez, a premio Nobel de Física, astrónoma que quería ser bailarina. https://drive.google.com/drive/folders/1Z3McdwxNuWNfd1LVjAxFux5rIRw4CiAc
Os rapaces do IES de Valga tiveron o placer de facerlle unha entrevista a algunhas das mulleres importantes da zona que, a pesar da época, puideron loitar por realizar os seus soños. Este traballo está inserto no proxecta DONAS DE SI en colaboración co programa IGUALA T da Consellería de Educación.
Comentarios
Publicar un comentario