Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

As pioneiras tamén na FP

Imagen
O alumnado de Formación Profesional tamén puido participar no proxecto coa súa profesora Yolanda de Fol que nos achegou o resultado do seu traballo: un mural con explicacións sobre mulleres galegas con datos biográficos e profesionais que os rapaces tiveron que explicarlles a outros grupos.

Eudosia Casal Senín

Imagen
Os estudantes Miguel Romero, Sara García e Lara García entrevistaron a Eudosia Casal Senín para achegarnos máis sobre a súa experiencia emprendendo o seu negocio de hostelería como muller na súa época.

Dolores Castro Santos

Imagen
Martín Chenlo, Brais Seco, Pablo Miguéns e Anxo Devesa entrevistan a Dolores Castro Santos, que se adicou a costura. Unha muller feita a si mesma que defende que as mulleres poidan ser o que lles apeteza.

Samuel - 1º Bacharelato - Andrea Ghez

Imagen
Samuel Rial Maneiro de 1º de Bacharelato preséntanos brevemente a exposición sobre as mulleres na ciencia que organizou o Departamento de Física e Química do IES de Valga en colaboración coa USC. Descubrimos quen é Andrea Ghez, a premio Nobel de Física, astrónoma que quería ser bailarina. https://drive.google.com/drive/folders/1Z3McdwxNuWNfd1LVjAxFux5rIRw4CiAc

Comité de Igualdade - Donas de si

Imagen
O proxecta Donas de si preséntase en estreita colaboración co Comité de Igualdade do centro. As reunións que fixemos nos recreos axudaron a artellar parte das entrevistas e dos resultados. Tamén puidemos investigar sobre mulleres importantes ao longo da historia en distintnos ámbitos, mulleres pioneiras e donas de si. Recollemos algunha das súas verbas nas escaleiras do centro. Tamén creamos un photocall para festexar o día 8 de marzo onde "escondemos" mulleres moi coñecidas e outras non tanto de diversas disciplinas que os alumnos tiñan que recoñecer, localizar e investigar. Durante a semana do 8 de marzo os distintos grupos acudiron ao photocall a unir imaxe e nome das mulleres seleccionadas. Alumnado e profesorado participou moi animado no photocall localizando ás mulleres silenciadas detrás das imaxes. Posaron cos lemas empregados nesa semana ideados pola profesora de plástica, Mar Tejero.

Camiñando pola igualdade - Donas de si

Imagen
Os rapaces do IES de Valga tiveron o placer de facerlle unha entrevista a algunhas das mulleres importantes da zona que, a pesar da época, puideron loitar por realizar os seus soños. Este traballo está inserto no proxecta DONAS DE SI en colaboración co programa IGUALA T da Consellería de Educación.

Evangelina Agrasar Pardal

Imagen
Lucía, Rosalía e José entrevistamos a Evangelina para achegarnos a unha muller que sabe o que é traballar duro para saír adiante. Rexentaba xunto co seu marido a froitaría que os dous abriron e obtivo o carné de conducir para poder realizar mellor as tarefas que o seu traballo lle esixía. A familia é o máis importante para esta muller valguesa.

Manuela Jamardo Otero

Imagen
Os alumnos do IES de Valga Saray Castiñeiras e Daniel Carreta entrevistaron a avoa de Daniel, prima da figura femenina máis coñecida do concello: A Bela Otero. Cóntanos como foi a súa infancia, cando obtivo o permiso de conducción e para que, cal é o seu recordo da súa prima e como ve a situación actual da muller. Unha entrevista con reflexións ben interesantes e dende logo, moi entretida.

Aurelia

Imagen
As alumnas Ainhoa Rodríguez e Lucía Rey entrevistaron a Aurelia, muller que emprendeu dirixindo un negocio familiar, unha mercería. Presenta á entrevistada Tania Vila Grela cun texto de Alaba Manni de los Santos. Que tarde agradable pasamos coa entrevista a Aurelia!

Amalia Milagros Souto Meniño

Imagen
Os alumnos Jacobo Saavedra Castromán, Roque Pacio Ferreirós, Mario Eitor Sumay e Iria Pérez Lajos entrevistaron a Amalia Milagros Souto Meniño, unha veciña valguesa de 82 anos adiantada ao seu tempo, moi activa. Aínda que só foi á escola ata os catorce anos, traballou nunha farmacia, foi concelleira e obtivo o carnet de conducir no ano 1978. Paga a pena escoitar a súa historia.