Comité de Igualdade - Donas de si

O proxecta Donas de si preséntase en estreita colaboración co Comité de Igualdade do centro. As reunións que fixemos nos recreos axudaron a artellar parte das entrevistas e dos resultados. Tamén puidemos investigar sobre mulleres importantes ao longo da historia en distintnos ámbitos, mulleres pioneiras e donas de si. Recollemos algunha das súas verbas nas escaleiras do centro.
Tamén creamos un photocall para festexar o día 8 de marzo onde "escondemos" mulleres moi coñecidas e outras non tanto de diversas disciplinas que os alumnos tiñan que recoñecer, localizar e investigar. Durante a semana do 8 de marzo os distintos grupos acudiron ao photocall a unir imaxe e nome das mulleres seleccionadas.
Alumnado e profesorado participou moi animado no photocall localizando ás mulleres silenciadas detrás das imaxes. Posaron cos lemas empregados nesa semana ideados pola profesora de plástica, Mar Tejero.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Dolores Castro Santos

As pioneiras tamén na FP