Entradas

As pioneiras tamén na FP

Imagen
O alumnado de Formación Profesional tamén puido participar no proxecto coa súa profesora Yolanda de Fol que nos achegou o resultado do seu traballo: un mural con explicacións sobre mulleres galegas con datos biográficos e profesionais que os rapaces tiveron que explicarlles a outros grupos.

Eudosia Casal Senín

Imagen
Os estudantes Miguel Romero, Sara García e Lara García entrevistaron a Eudosia Casal Senín para achegarnos máis sobre a súa experiencia emprendendo o seu negocio de hostelería como muller na súa época.

Dolores Castro Santos

Imagen
Martín Chenlo, Brais Seco, Pablo Miguéns e Anxo Devesa entrevistan a Dolores Castro Santos, que se adicou a costura. Unha muller feita a si mesma que defende que as mulleres poidan ser o que lles apeteza.

Samuel - 1º Bacharelato - Andrea Ghez

Imagen
Samuel Rial Maneiro de 1º de Bacharelato preséntanos brevemente a exposición sobre as mulleres na ciencia que organizou o Departamento de Física e Química do IES de Valga en colaboración coa USC. Descubrimos quen é Andrea Ghez, a premio Nobel de Física, astrónoma que quería ser bailarina. https://drive.google.com/drive/folders/1Z3McdwxNuWNfd1LVjAxFux5rIRw4CiAc

Comité de Igualdade - Donas de si

Imagen
O proxecta Donas de si preséntase en estreita colaboración co Comité de Igualdade do centro. As reunións que fixemos nos recreos axudaron a artellar parte das entrevistas e dos resultados. Tamén puidemos investigar sobre mulleres importantes ao longo da historia en distintnos ámbitos, mulleres pioneiras e donas de si. Recollemos algunha das súas verbas nas escaleiras do centro. Tamén creamos un photocall para festexar o día 8 de marzo onde "escondemos" mulleres moi coñecidas e outras non tanto de diversas disciplinas que os alumnos tiñan que recoñecer, localizar e investigar. Durante a semana do 8 de marzo os distintos grupos acudiron ao photocall a unir imaxe e nome das mulleres seleccionadas. Alumnado e profesorado participou moi animado no photocall localizando ás mulleres silenciadas detrás das imaxes. Posaron cos lemas empregados nesa semana ideados pola profesora de plástica, Mar Tejero.

Camiñando pola igualdade - Donas de si

Imagen
Os rapaces do IES de Valga tiveron o placer de facerlle unha entrevista a algunhas das mulleres importantes da zona que, a pesar da época, puideron loitar por realizar os seus soños. Este traballo está inserto no proxecta DONAS DE SI en colaboración co programa IGUALA T da Consellería de Educación.

Evangelina Agrasar Pardal

Imagen
Lucía, Rosalía e José entrevistamos a Evangelina para achegarnos a unha muller que sabe o que é traballar duro para saír adiante. Rexentaba xunto co seu marido a froitaría que os dous abriron e obtivo o carné de conducir para poder realizar mellor as tarefas que o seu traballo lle esixía. A familia é o máis importante para esta muller valguesa.