Os estudantes Miguel Romero, Sara García e Lara García entrevistaron a Eudosia Casal Senín para achegarnos máis sobre a súa experiencia emprendendo o seu negocio de hostelería como muller na súa época.
O proxecta Donas de si preséntase en estreita colaboración co Comité de Igualdade do centro. As reunións que fixemos nos recreos axudaron a artellar parte das entrevistas e dos resultados. Tamén puidemos investigar sobre mulleres importantes ao longo da historia en distintnos ámbitos, mulleres pioneiras e donas de si. Recollemos algunha das súas verbas nas escaleiras do centro. Tamén creamos un photocall para festexar o día 8 de marzo onde "escondemos" mulleres moi coñecidas e outras non tanto de diversas disciplinas que os alumnos tiñan que recoñecer, localizar e investigar. Durante a semana do 8 de marzo os distintos grupos acudiron ao photocall a unir imaxe e nome das mulleres seleccionadas. Alumnado e profesorado participou moi animado no photocall localizando ás mulleres silenciadas detrás das imaxes. Posaron cos lemas empregados nesa semana ideados pola profesora de plástica, Mar Tejero.
Martín Chenlo, Brais Seco, Pablo Miguéns e Anxo Devesa entrevistan a Dolores Castro Santos, que se adicou a costura. Unha muller feita a si mesma que defende que as mulleres poidan ser o que lles apeteza.
O alumnado de Formación Profesional tamén puido participar no proxecto coa súa profesora Yolanda de Fol que nos achegou o resultado do seu traballo: un mural con explicacións sobre mulleres galegas con datos biográficos e profesionais que os rapaces tiveron que explicarlles a outros grupos.
Comentarios
Publicar un comentario